A Coruña recibirá cos brazos abertos ao gran cantante, compositor, actor e guitarrista Chris Isaak.
O creador de «Wicked Game» -unha das cancións máis famosas do rock a nivel mundial- é sen dúbida un referente atemporal do rock máis íntimo e sedutor. Con máis de 30 anos de carreira ás súas costas, regalounos outros grandes éxitos como «Baby Did a Bad, Bad Thing», «Somebody’s Crying» ou “Blue Hotel”, entre outros, que farán as delicias dos seus seguidores.
O Palacio da Ópera da Coruña será testemuña dun concerto íntimo ante os seus fans máis incondicionais nunha oportunidade única e irrepetible.